InicioOccidentalCervoCervo contará cun Punto de Encontro Familiar para dar serviz ás familias...

Cervo contará cun Punto de Encontro Familiar para dar serviz ás familias e crianzas de toda A Mariña

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou as instalacións acompañada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, as concelleiras de Educación e Medio Ambiente, e o edil de Deportes, Dolores García Caramés, Mali Méndez, e David Rodríguez, respectivamente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo é o lugar elixido pola Xunta de Galicia para albergar un Punto de Encontro Familiar (PEF) que dará servizo ás familias de toda A Mariña, tal e como o anunciou este mediodía a conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a súa visita ao municipio. O novo recurso situarase no edificio do Ecomuseo, en Cervo (antiga Casa do Concello) que será cedido pola administración local para tal fin.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, as concelleiras de Educación e Medio Ambiente, e o edil de Deportes, Dolores García Caramés, Mali Méndez, e David Rodríguez, respectivamente, acompañaron á conselleira na visita ás instalacións do edificio que será adecuado pola administración autonómica para converterse no noveno Punto de Encontro Familiar de Galicia –existe un en cada unha das 7 grandes cidades e un punto comarcal na Barbanza-.

En palabras do rexedor “é unha gran nova para o noso Concello e para toda a comarca da Mariña” e quixo agradecer á Xunta de Galicia, á conselleira e a todo o equipo a elección de Cervo para a posta en marcha deste recurso “tan necesario na sociedade actual” e que se prevé que estea en funcionamento no primeiro semestre de 2023.

Para elo cedemos unha instalación municipal –engadiu- moi simbólica para todos os cervenses porque foi a antiga Casa do Concello; un emprazamento que desde a consellería consideraron idóneo “pola súa situación e polas características do inmoble”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...